Expresaron a súa postura nun comunicado
Ao redor de un centenar de asistentes, reunidos hoxe, martes, na asemblea informativa da hostalaría compostelana, convocada pola Asociación Hostalaría Compostela, Asociación de Bares, Pubs e Discotecas e Hostalaría.gal, acordamos transmitir:
1- A hostalaría da capital galega é un exemplo a seguir. A nosa cidade comprácese de contar con un sector altamente profesionalizado, de grande calidade, con grande prestixio, respectuoso con o conxunto da viciñanza da cual formamos parte, carecendo de cualquer tipo de conflictividade.
2- Representamos un dos principais motores económicos , somos unha peza chave no PIB de Compostela, xerando millares de postos de traballo directos e indirectos.
3- Cómpre unha mudanza de rumbo no Departamento de Urbanismo do Concello de Santiago de Compostela. É necesario que modifique a lectura restrictiva e os criterios taxativos das ordenanzas e normativas municipais, da lexislación autonómica vixente.
4- As tres asociacións do sector presentaremos alegacións contradictorias ás consideracións da Instrución 2/2023 do Servizo de licenças e disciplina urbanística.
Ata que se resolvan solicitamos a automática suspensión da aplicación da Instrucción.
5- Solicitaremos a inmediata reunión da Mesa Sectorial acordada o 2 de novembro con o Concello, na reunión mantida coa alcaldesa, Goretti Sanmmartín, e co concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás.
6- Estamos convencidos que as nosas demandas son compartidas pola inmensa maioría dos habitantes e visitantes, que desfrutan dos nosos servizos nos centenares de locais presentes na totalidade dos barrios e rúas, e que consideran imprescindíbel manter a esencia da nosa identidade de cidade dinámica e viva.