O Colexio de Enfermaría de A Coruña volve apoiar as reivindicacións do colectivo A por todas

por Redacción A Coruña

A Xunta directiva do Colexio Provincial de Enfermaría da Coruña volve amosar o seu apoio ás reivindicacións do colectivo enfermeiro A por todas, formado por traballadoras do Sergas que se volverán mobilizar o 16 de novembro na procura de melloras nas condicións laborais. Ante a inexistencia de respostas por parte das autoridades sanitarias, as enfermeiras seguen mobilizándose e convocan ese día varias concentracións en toda Galicia, entre elas tres na provincia da Coruña: na rotonda do HUAC, na entrada do CHUS e no hall do Arquitecto Marcide.

As demandas do colectivo, que o Colexio de Enfermaría fai súas, son:

  • Mellora das ratios enfermeira-doente.
  • Mellora da contratación, a estabilidade da mesma e transparencia.
  • Recuperación do 100 % da paga extra.
  • Recuperación dos 3 LDs.
  • Recoñecemento do solape de xornada.
  • Retribución do plus de festivo os sábados (M-T).
  • Retribución xusta e igualitaria das horas fóra de xornada ordinaria.
  • Encadre da carreira profesional, acorde co tempo trabajado,e incluíndo o da UE.
  • Exención de noites voluntarias a partir dos 55 anos, sen perda retributiva nin aumento da xornada ordinaria.
  • Xubilación anticipada aos 60 anos.
  • Recoñecemento da categoría A1.

O Colexio de Enfermaría destaca tamén as reivindicacións polas que esta organización colexial leva traballando desde hai anos, algunha contemplada nas demandas de A por todas:

-Recoñecemento do grupo A dentro da clasificación profesional da administración pública. O Goberno debe poñer en marcha de forma inmediata os cambios normativos que poñan fin a unha inxusta, lesiva e denigrante situación. As enfermeiras deben estar incluidas nun único Grupo A, sen subgrupos.

-Aumento do número de enfermeiras especialistas.

-Facilitar o acceso das enfermeiras aos altos cargos de xestión e responsabilidade da sanidade.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario