PEDRA, festival de saberes’ leva á veciñanza de Vilardevós a coñecer a arte dos seus tataratataravós e tataratataravoas

Decenas de veciños de Vilardevós, de todas as idades, achegáronse pola mañá para coñecer as pinturas rupestres do abrigo do Penedo Gordo. O grupo estivo composto por múltiples familias que se achegaron para ensinar aos máis pequenos como se expresaban os artistas de hai miles de anos.

Guiados pola doutora da Universidade de Vigo, Lucía Rodríguez, a xornada foi todo un éxito de participación.

As pinturas presentes no Penedo Gordo son pinturas rupestres de tradición esquemática, e cuxa cronoloxía podería estar entre o Neolítico Medio e Final.

Pola tarde, o lugar da arqueoloxía será ocupado polas etnografía das lavandeiras das Burgas, grazas ao documental ‘Memoria na Pedra’.

O día rematará por todo o alto cos sonidos rock e blues de Díaz.

Comparte éste artículo
No hay comentarios