Cando os traskis, peregrinos das camisetas verdes, camiñan pola costa de Bergantiños, de faro en faro, o chegar a pequena Ponteceso, ós pés da ponte, no final do río Anllóns, atópanse cun cartel que di :“ casa natal de Eduardo Pondal” , e moitos son os que se achegan para abrir a cancela, na eira desa casa privada, particular, propiedade da familia do bardo, esa casa pechada, símbolo do rexionalismo galego e máximo expoñente do galeguismo, autor da letra do himno galego e un dos máis importantes intelectuais do seu século, principalmente polas consecuencias do seu“ discurso de Conxo”.
![](https://21noticias.com/wp-content/uploads/2023/12/o1.jpeg)
![](https://21noticias.com/wp-content/uploads/2023/12/o2.jpeg)
![](https://21noticias.com/wp-content/uploads/2023/12/o3.jpeg)
![](https://21noticias.com/wp-content/uploads/2023/12/o4.jpeg)
![](https://21noticias.com/wp-content/uploads/2023/12/o5.jpeg)
Dúas son as curiosidades que xiran en torno do noso querido escritor pontecesán no presente. Unha delas é esa casa natal publicitada e sinalizada pero pechada ao público, unha cuestión bastante sinxela de solucionar se alguén no consistorio estivese pendente deste e doutros asuntos similares, todo ten sempre algunha solución, menos a morte. Por outro lado chama moito a atención esas catro pedras , a modo de monumento, na Praza do Recheo, moi pouco monumento para todo o que representa para Galicia tanto Eduardo como os seus máis famosos familiares, como Isidro ou Cesáreo Pondal. Paseando polas beiras do río Anllóns, xa por terras de Carballo, atópome con algúns poemas decorando un parque no centro, preto da Estación de Autobuses e da Casa da Cultura, e suspiro o pensar : “ quén me dera que tamén a vila pondaliana decorase de poesía as beiras do Anllóns e ademáis de festas tamén tivesemos un pouco de letras porque por leer non morreu ainda ninguén”. Soñando agardo o día que o noso Patrimonio Cultural se alce no pódium que lle corresponde por méritocracia, por historia e pola nosa necesidade sentimental. Destaquenos aquelo que nos fai xenuínos e diferentes para ser, por fin, o nós que queremos ser.
Tumba de Pondal en San Amaro, A Coruña cidade
Tumba de Pondal en San Amaro, A Coruña
Ali xaz o que forma noutro tempo cantor do eido noso
Cando xazan do cisne
os febrentos despoxos,
sobre do verde da ribeira escura,
e xa non se ouza o canto harmonïoso,
dádelle sepultura
no promontorio aquel, areoso e vougo,
onde o Anllóns, o seu nativo río,
(que el máis amou de todos),
da peregrinación antiga súa
e do longo traballo acha repouso.
Que diga o mariñeiro,
rudo fillo do Osmo,
ó entrar pola Barra
volvendo o escuro rostro:
«Alí xa o que fora
noutro tempo cantor do eido noso.
Poema de Eduardo María González- Pondal y Abente