O Partido Popular pregunta “que ten pensado facer a alcaldesa de Lugo co carril bici”

O concelleiro popular Enrique Rozas pedirá explicacións en comisión sobre varias cuestións relativas a esta infraestructura que eliminou centos de prazas de aparcamento e que provocou a indignación da veciñanza e do comercio

Un carril bici que se está deteriorando, que non está sinalizado e que non existe unha ordenanza que o regule.

Para os populares “o trazado do carril bici debe de ser ser modificado nalgunhas zoas da cidade” engadindo que “non se utiliza pero a súa existencia está ocasionando trastornos gratuitos e innecesarios afectando á facturación de negocios e repercutindo na comodidade da veciñanza que en moitos lugares non ten espazos nin para parar” ao mesmo tempo que eliminou prazas de aparcamento sen facilitar ningunhas zoas de estacionamento alternativas.

Unha das zoas onde máis prazas de aparcamento elimináronse foi no Barrio da Residencia frente as novas instalacións do complexo hospitalario deixando mermada a zoa ante a necesidade de dotar de máis prazas de estacionamiento unha vez entre en funcionamiento a totalidade da dotación.

Dende o PP tamén piden información sobre se o goberno local ten previsto elaborar unha ordenanza municipal para regular a circulación nos carrís bici.

O Concello de Lugo podería estudar a modificación do carril bici e así facilitar aos conductores un lugar para estacionar, o mesmo que a Xunta de Galicia está a construir un aparcadoiro nas inmediacións de dito complexo.

O vicevoceiro Enrique Rozas denuncia a mala xestión dos fondos europeos acadados por este concello onde adicáronse a esta dotación máis de 1,2M de euros e que non fixo máis que crear problemas dende a súa implantación sen falar dos preto de 2M de euros que costou o edificio do Impulso Verde ou o 1,5M de euros que se invertiron na construción das Caldas do Miño. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios