A Biblioteca da Deputación da Coruña acolleu hoxe a presentación do libro “Escolas da Guarda. 125 anos co ensino público”
Na presentación participou a deputada de Educación, Yoya Neira, a concelleira coruñesa Montserrat Paz, a ex directora do CEIP Eusebio da Guarda, Inma de lglesia e Mª Dolores Orellán, coordinadora editorial.
Yoya Neira felicitou aos responsables do centro por estes 125 anos de historia “que tamén parte importante da historia desta cidade”, así como o traballo realizado para documentar a historia dun centro educativo no que se formaron varias xeracións de coruñeses e coruñesas e que segue sendo hoxe un referente do ensino público.
O libro, editado pola Imprenta Provincial, repasa en fotografías, documentos e artigos a historia deste centro escolar.