Juan Esteban Méndez Leiva, responsable de Administración Local en Galicia da Federación de Atención á Cidadanía da UNIÓN SINDICAL OBREIRA (FAC-USO), denuncia que Monforte de Lemos o ignorou, no proceso selectivo para unha praza interina de técnico de Administración Xeral (TAX).
O 13/10/2023 se convocou unha praza de TAX, concedendo un prazo de 10 días hábiles para achegar instancias. Como xa fixera o 08/09/2022, nunha convocatoria anterior; o 27/10/2023 (último día do prazo), transferín 28,31 euros, en concepto de taxas, á conta corrente que figuraba nas bases e rexistrei, telematicamente, a miña solicitude.
O venres 03/11/2023, Monforte de Lemos publicou, nun primeiro anuncio, a lista definitiva de admitidos (e non figuraba excluído ningún aspirante), a convocatoria do Tribunal e dos aspirantes admitidos, para o luns 06/11/2023, ás 10.00 horas, publicando, nun segundo anuncio, ademais de todo o anterior, o nomeamento do Tribunal, no que tivo lugar o primeiro exercicio, ao que non puiden asistir, dado que non figuro nin admitido, nin excluído.
O luns este representante sindical remitiu un escrito dirixido ao concello monfortino, instando que se lle dea acceso ao expediente e, ao mesmo tempo, se proceda á revisión de oficio do proceso selectivo da praza de TAX.
Por outra banda, é oportuno censurar que, máis de mes e medio, despois de efectuar a transferencia bancaria para o pago das taxas e a presentación da miña solicitude ninguén se puxo en contacto comigo.
Non quero pensar que a omisión sexa debida a que, como responsable dese sector, defenda os dereitos dos meus compañeiros e afiliados: xa sexa denunciando que Monforte de Lemos non teña delegado os procesos selectivos da Policía Local na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), xa sexa apoiando e, nalgunha ocasión, secundando as protestas dos bombeiros dos parques comarcais de Galicia.