Hoxe, no Conservatorio Superior de Música de Vigo gracias á colaboración do Concello de Vigo
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, pechou as actividades do ano 2023 festexando o Nadal cun concerto, con aforo completo, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A OrquestraTuttiKv2211 xunto cun Coro creado para a ocasión –90 persoas enriba do escenario– puso fin ao concerto que conta coa colaboración do Concello de Vigo.
En primeiro lugar, actuou o Ensemble de Chelos que integra a todos os violonchelistas da Kv2211, dende os máis pequenos aos máis veteranos. Amancio Fernández, tesoreiro da Asociación Kv2211, destacou como un dos principais logros deste ano 2023 precisamente a constitución deste Ensemble de Chelos co que a OrquestraKv2211 deu un paso adiante na diversificación das súas actividades formativas e interpretativas dos músicos de corda que a constitúen.
A continuación, os máis pequenos, membros da OrquestraInfantil, baixo a batuta de Raquel Fernández. A Asociación destaca, nesta sección a importante incorporación de músicos este ano, con máis de vinte novos músicos, sobre todo nenos e nenas da Infantil. Posteriormente, actuou, a Orquestra Xuvenil, dirixida por José Manuel Fernández.
O concerto pechou coa OrquestraKv2211 no seu conxunto co Coro formado por pais, nais, amigos e familiares dos membros da Orquestra coa axuda da profesora Guadalupe Núñez da escuela de música Amadeus. Una actuación que puso ao público, que encheu o Auditorio do Conservatorio Superior de Vigo, en pé.
O proxecto Kv2211 xurdiu no mes de outubro de 2017 pola vontade de crear unha orquestra de cordas baseada en tres piares: educativo, cultural e social. Na actualidade, a Orquestra Kv2211 conta con máis 60 membros con idades comprendidas entre os 7 e os 22 anos, formados en instrumentos de corda, piano e percusión procedentes de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense. Dende a súa constitución, polas fileiras da Kv2211, pasaron máis dun centenar de músicos, moitos deles tocando por primeira vez nunha orquestra, o que lles permitiu, ademais de ampliar a súa formación musical, descubrir a experiencia de tocar en compañía.
A Orquestra Kv2211, de carácter formativo, ensaia os sábados pola mañá no Centro Cultural de Beade e conta coa colaboración do Concello de Vigo para o desenvolvemento das súas actividades. E invita aos músicos de instrumentos de corda a participar na Orquestra para o que poden enviar un mail a orquestraKv2211@gmail.com