O alumnado, profesores e convidados do centro preparan un evento moi especial para felicitar estas datas a toda a cidadanía viguesa
Unha das citas que o Conservatorio Mayeusis prepara con máis agarimo é o seu Tradicional Concerto de Nadal que este ano terá lugar o sábado 23 de decembro na Igrexa do Sagrado Corazón de Xesús. O centro involucra ó seu alumnado, que vai dende nenos ben pequenos ata adultos, e ó seu profesorado nunha xuntanza chea da ilusión destas datas.
Xa van moitas xornadas de ensaios para que os coros de Grao Elemental e Grao Profesional, as Orquestras de Grao Profesional, a Orquestra Folk Infantil e o coro Mayeuson fagan vibrar ós asistentes coas súas versións máis festivas. Ademais, actuarán como artistas convidados «Pelica de Can» e «Cámara d’Ría».
O concerto celébrase na Igrexa do Sagrado Corazón de Xesús en Rosalía de Castro, parroquia que leva anos acollendo a estes músicos en tan sinalada data, as actuacións comezan ás 12:30h e a entrada é libre ata completar aforo.
O Conservatorio Mayeusis invita a todos os cidadáns e cidadás a pasar unha mañá chea de música, ledicia e espírito do Nadal coa que felicitará as festas a todo o público.
DATOS DO EVENTO:
Nome: Concerto de Nadal do Conservatorio Mayeusis.
Lugar: Igrexa do Sagrado Corazón de Xesús, Rosalía de Castro 56, Vigo.
Día e hora: 23 de decembro, 12:30 h.
Entrada: Entrada libre ata completar aforo.