Dona Matilde leva xa unha ducia de grandes premios repartidos en diferentes xogos de azar, mais desta volta, Casa López, “o estanco da sorte de Laxe”, reparte 8 décimos deste número: Número 86.007, sexto premio.
Por outra parte o estanco “A Ferradura”, conocida por “A de Romar” limparon hoxe cedo os cristais do seu estanco para que a sorte os pillase atarefados e sonou a flauta en Ponteceso, 1 décimo vendido en ventanilla do número 88.979, un quinto premio, o meirande premio que deron nos seus 29 anos de historia neste sorteo navideño, en concreto, mais xa deron premios tamén moito máis importantes noutros sorteos, como por exemplo a Bonoloto.
Se non se xoga nunca toca pero algún petisco sempre se deixa caer pola nosa comarca.
A lotería tamén tocou en Ponteceso e en Laxe
Escribe tu comentario
Escribe tu comentario