ABASTECEMENTO ZONA RURAL
- Socialistas e nacionalistas rexeitan COMPLETAR O ABASTECEMENTO de varias parroquias da zona rural como o Veral e Santa María Alta que ainda carecen deste servizo.
Esta demanda foi solicitado hai máis de 5 anos polo actual responsable das Áreas de Mobilidade e Infraestruturas (BNG), e sen dúbida segue sendo urxente e moi necesaria.
Se houbo un Concello beneficiado polo efecto do cánon da auga é o de Lugo, con máis de 100 millóns de euros en actuacións como a ampliación da estación depuradora, os colectores ou o acondicionamento da marxe dereita do Miño, así como importantes melloras no saneamento do barrio da Piringalla.
LOCAIS BALEIROS EN VIVENDAS
PSOE e BNG tumban “sen explicar e sen posiblemente ter claro como facelo” a iniciativa que presentamos para aproveitar a recente modificación lexislativa impulsada polo goberno de Alfonso Rueda para adoitar medidas sobre os locais baleiros que hai en Lugo. Queremos, respondendo á demanda existente, convertir estes espazos en vivendas.
Os inmobles baleiros, non só baixos senón tamén entreplantas que cumpran a normativa do hábitat, e que abondan en moitos puntos da cidade supoñen un desperdicio de recursos e, nalgúns casos, contribúen ao deterioro da contorna urbana na que se sitúan.
A nosa intención é levar a cabo esta transformación de locais baleiros en vivendas sen afectar ao equilibro entre o número de residentes e os servizos dispoñibles en cada zona, é dicir debe garantirse a dispoñibilidade de servizos suficientes para atender a esa poboación adicional.
VIAXES AUTOBUSES GRATUITOS
PSOE E BNG votan en contra de que as VIAXES EN AUTOBUS SEXAN GRATUITAS tanto para persoas MENORES DE 18 ANOS como para XUBILADOS, PENSIONISTAS E PERSOAS CON ESCASOS RECURSOS.
O transporte gratuito é un modelo que promove, con grande éxito, o goberno da Xunta de Alfonso Rueda coas viaxes metropolitanas de balde para menores de 21 e maiores e 65 anos.
TAPÓNS URBANÍSTICOS
PSOE E BNG votan en contra de ELIMINAR de forma progresiva os TAPÓNS URBANÍSTICOS que hai na cidade priorizando aquelles considerados máis perigosos.
Unha vez máis en vez de asumir que hai un problema que non son capaces de resolver dedican a intervención a descalificar. Neste caso también afloran os conflictos internos desta área e que nos levan a situación actual.
A supresión destas barreiras suporían a transformación de espazos que hoxe son barreiras para a cidadanía, contribuido a facer unha cidade máis accesible
Nos ROGOS repiten a mesma cantilena. Xa están a traballar niso e acúsannos de demagoxia cando o que facemos é un traballo de fiscalización. É inaudito que no canto de explicar en punto está cada asunto póñanse á defensiva e recorran ás descualificacións continuas. ESTES ERAN O noso ROGO
ESTOS ERAN NUESTRO RUEGOS
CONSELLO DO MAIOR
Contentos de que o goberno apoie o rogo que levamos a pleno no que pedimos a creación do CONSELLO MUNICIPAL DO MAIOR e unha OFICINA para os lucenses de máis de 64 anos. Confíamos agora en que esta demanda, apoiada pola Asociación de Xubilados e Pensionistas e o meu Grupo, confío fágase realidade pronto e non quede en papel mollado.
ARRANXO PISTA TEIXEIRO
Solicitamos a REPARACIÓN da pista de 900 metros que comunica o lugar de Segade cos lagos de Teixeiro xa que presenta un estado lamentable con fochancas de gran tamaño que supoñen un RISCO PARA A SEGURIDADE VIAL
Con esta intervención os veciños deste núcleo recuperarían unha vía de acceso directo á estrada de Meira e que se viña utilizando dende sempre para vir a Lugo, evitando aos veciños de Segade, na parroquia de Teixeiro, que teñan que facer un traxecto moito mais longo accedendo pola estrada de Meira
CERTIFICADOS PRESTACIÓNS SOCIAIS
Solicitamos que sean gratuíta a expedición dos CERTIFICADOS ACREDITATIVOS DA PERCEPCIÓN DE PRESTACIÓNS SOCIAIS que se tramitan no Concello, documentación necesaria para persoas vulnerables perceptoras de rentas ou prestacións sociais.
Ademais da gratuidade é precisa unha xestión eficaz para axilizar a entrega destes certificados no menor tempo posible.
Por último para MELLORAR A PUBLICIDADE E A DIFUSIÓN DE EVENTOS CULTURAIS propuxemos unha batería de medidas:
– Usar activamente as Redes Sociais e a publicidade; establecer
– Establecer alianzas con axencias locais
– Organizar eventos interactivos
– Promover concursos de ideas para involucrar á comunidade e mellorar o consumo cultural, etc