O candidato socialista á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, derrogará o Plan Reitor, aprobado por Rueda, porque provoca perdas económicas, impón normas con total descoñecemento da realidade e recorta dereitos
Besteiro formula alternativas como «axudas pola fixación de carbono, pagos compensatorios por restrición de uso, compra de terreos con máxima limitación a prezos xustos, o arranxo urxente dos accesos e a promoción de todo o parque máis aló da zona de Caveeiro, entre outras»
«As Fragas son un patrimonio natural de todos os galegos. Rueda non pode desentenderse e esixir aos propietarios que se fagan cargo dun ben común de interese xeral», incidiu