Este sábado ás 20 horas, publícase Revolución Chic, o novo videoclip de BRAIS MORÁN & NASAUFUNK, “un impulso a bailar, a revolucionar a pista de baile nesta despedida de ano e tamén en 2024”.
Trátase do avance do que será o terceiro álbum como BRAIS MORÁN & NASAUFUNK, despois de Cruzando o eclipse (2015) e No Mato do desespero (2018). Un “disco disco no que se reencarnan as sementes da Música Negra”, que recorda á música dos 70 nas discotecas do futuro. Con letras autocompostas por Brais Morán, integramente en lingua galega, o disco está gravado e producido por Arturo Vaquero nos Abrigueiro Estudios.