Pechado o parque de bombeiros de Chantada por falta de persoal

Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo, dos efectivos previstos este luns para cubrir os servizos mínimos no Parque de Bombeiros de Monforte de Lemos e de Chantada, só se presentaron a traballar dous en cada unha das bases.

Avisados mediante comunicación certificada os efectivos designados como suplentes na quenda de hoxe, non se presentaron.

Ante esta situación, o Consorcio procedeu a reubicar aos efectivos de Chantada no parque de Monforte de Lemos, dende onde se atenderán as posibles incidencias. O parque chantandino non prestará servizo ata mañá, ás 9.00 horas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios