Badaladas. Por @DulceCorcu 

Son o acontecemento da noitevella, do que se fala varias semanas antes tentando descobrir, primeiro, á parella de presentadores de cada canle televisiva e, despois, o estilismo sobre todo delas, porque o deles é rara vez inalterable, sobrios traxes, chalecos e camisas de cuello ben apretado. Elas non, os atuendos femininos radican básicamente en levar enriba a menor roupa posible. Vestidos reducidos á mínima expresión e este ano, ademais, as mulleres foron en xeral moi xoves pero acompañadas de señores maduros sen ápice de atractivo físico, porque obviamente eles non precisan de tales atributos para tener a oportunidade de protagnizar ese tipo de eventos. Son profesionais e con iso abóndalles. Ás mulleres, en cambio, non.

Na canle pública estatal, e nun intento de dar cabida a voces reivindicativas como Jenni Hermoso e Ana Mena, o contrapunto con Ramón García era, coma pouco, inquietante. El tapado ata a gorxa e abrigado do frío reinante a esas horas no exterior, mentres elas vestían livianas gasas que cubrían moi brevemente algunhas partes das súas anatomías. Xoves e fermosas, acompañadas dun señor que ben podería ser seu pai, porque vese que o talento masculino non require iso que antes era condición indispensable en moitas ofertas de traballo: «boa presenza física». O mesmo pode dicirse de Cristina Pedroche e Alberto Chicote, coa vallecana convertida no reclamo anual dos adoradores da carne e acompañada polo cociñeiro de rigurosa etiqueta e visible elegancia. Outro tanto acontecía na nosa Televisión de Galicia, co eterno Gayoso este ano coa compaña de Rocío Durán, vestida de recurtada noiva competindo co impecable cabaleiro do Luar e a súa clásica vestimenta das ocasións importantes, esa na que a vulgaridade non ten nunca cabida. Dá igual onde as viramos, onde se detivese o mando a distancia da tele…A imaxe era a mesma en todas. É a tradición. E o fracaso dunha Igualdade que por máis que quixesen vendernos, aínda está moi lonxe de ser real. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios