A presidenta provincial, Elena Candia, encabeza unha lista renovada nun 68% ás eleccións do Parlamento de Galicia. A lista está integrada por 14 titulares e 5 suplentes, dos que tan só repiten seis con respecto á anterior lexislatura, e que son: Elena Candia, Cristina Sanz, Raquel Arias, José Manuel Balseiro, Encarna Amigo e Katherinie Varela. O 13 restantes incorpóranse por primeira vez.
Son 10 mulleres e 9 homes con profesións variadas e todos con ampla experiencia en política, ao seren concelleiros en distintos municipios da provincia. Son perfís que, en palabras da presidenta provincial, representan “ao municipalismo e tamén aos distintos sectores, como son o tecido económico, o agrario e mesmo o sanitario”. En definitiva, afirma, “compañeiros moi pegados ao territorio”.
APOSTA POLA MOCIDADE, COMBINADA COA EXPERIENCIA
A lista é “unha aposta pola mocidade, combinada, di, “coa admiración pola experiencia”. Destaca a presidenta de Novas Xeracións de Galicia con 22 anos, que ocupa o posto número 10, e o número 8 con 34 anos. O de maior idade é o ex alcalde de Paradela, José Manuel Mato, que figura no número 5, e acumula tras de si doce maiorías absolutas dende que acadou por primeira vez a alcaldía con tan só 24 anos.
Titulares:
1. Elena Candia. 45 anos. Avogada. Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia na última lexislatura e voceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo.
2. Javier Arias Fouz. 46 anos.Avogado. Actual delegado da Xunta de Galicia en Lugo.
3. Alfonso Villares. 53 anos. Veterinario. Actualmente conselleiro do Mar e ex alcalde de Cervo dende 2007 ata xuño de 2023.
4. Cristina Sanz. 53 anos. Economista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Lugo e deputada no Parlamento de Galicia na última lexislatura, ocupando nos últimos meses a portavocía de Facenda.
5. José Manuel Mato. 69 anos. Ex alcalde de Paradela con 12 maiorías absolutas.
6. Raquel Arias. 57 anos. Xornalista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Sober e actualmente vicevoceira no Parlamento de Galicia.
7. José Manuel Balseiro. 61 anos. Concelleiro do Partido Popular no Concello de Cervo e deputado no Parlamento de Galicia dende 2005.
8. Enrique Barreiro. 34 anos. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Tenente de Alcalde no Concello de Friol.
9. Encarna Amigo. 66 anos. Reumatóloga no Hospital Lucus Augusti (HULA). Concelleira do Partido Popular no Concello de Cervantes e deputada no Parlamento de Galicia nas últimas dúas lexislaturas.
10. Nicole Grueira. 22 anos. Estudante de Ciencias Políticas. Concelleira do Partido Popular no Concello de Pol e presidenta de Novas Xeracións de Galicia.
11. Katherinie Varela. 42 anos. Avogada. Concelleira do Partido Popular en Monforte de Lemos e deputada no Parlamento de Galicia na última lexislatura.
12. José Luis Novo. 66 anos. Tenente de Alcalde de Rábade.
13. Alicia López. 44 anos. Técnico agrícola. Concelleira do Partido Popular en Palas de Rei.
14. Pablo Figueiras. 49 anos. Avogado. Voceiro do Partido Popular no Concello de Castroverde.
Suplentes:
1. Aurora Aida Goás. 61 anos. Médico de Medicina Xeral. Concelleira do Partido Popular no Concello de Lugo.
2. José Fernández Carrete. 50 anos. Bombeiro forestal. Voceiro do Partido Popular no Concello de Becerreá.
3. Miguel Ángel Fernández. 45 anos. Profesor de autoescola. Tenente de Alcalde de Baleira.
4. Saray Ventura. 29 anos. Economista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Viveiro.
5. Verónica Soto. 51 anos. Empregada xubilada do sector da banca. Concelleira do Partido Popular no Concello de Foz.