Unha xoven de 25 anos, natural de San Martiño de Meanos, do Concello de Zas, pero residente en Carballo coa súa parella, está mañán de mércores, sobre das 11 horas, precipitouse dende a xanela do cuarto piso.
Acuden de urxencia unha patrulla da Gardia Civil e tamen axentes da Policía Local ata o número 50 da avenida de Fisterra neste citado Concello da Capital de Bergantiños.
Atendérona in situ os sanitarios do 061 e foi trasladada o centro médico carballés e posteriormente, dende alí, foi novamente trasladada ó CHUAC de A Coruña en estado de gravidade.
As primeiras especulacións apuntan a que puido intentar rescatar da xanela ó seu propio gato mais a benemérita segue coas pescudas pertinentes para esclarecer o suceso