Nova estratexia de Rueda, mandar en peregrinación ás cofarías ao Conselleiro do Mar, Alfonso Villares

por Óscar de Souto

O Concello de Cabana de Bergantiños publicita a calidade dos seus produtos do mar, berberechos neste caso, e o traballo dos profesionais deste sector. Curiosamente foron outros os Concellos que participaron máis activamente nas recollidas dos pélets, tamén indicar de novo a ausencia de mariscadores nas xornadas de limpeza.

La visita pastoral del conselleiro do Mar, Alfonso Villares, recibido baixo palio polo alcalde, José Muíño, (PP) xunto con profesionais do marisqueo local para comprobar a calidade dos produtos e o bo labor realizado no estuario do Anllóns, que cualifican como centro neurálxico da produción de berberecho en Galicia.
Parece lóxica esa descrición dado que, eses datos xa públicos de máis de 115 toneladas de berberecho vendido entre xaneiro e novembro do ano pasado, só 30 mariscadores, e a 15 euros o quilo o normal e o máis grande chegou ata os 20 euros.
A nova estratexia do Señor Rueda e do PP en Galicia é promocionar aquelas pezas máis fortes do sector falando só de marisco e peixe, para deixar de falar de residuos mariños, barcos con mercadorías perigosas e outros temas que poden poñer en risco os votos que poden darlle un desgusto o 18F, tentando de afogar a manifestación do día 21 en Santiago de Compostela, e engadando as cofarías afins subvencionadas con diñeiro publico de todolos galegos.

Praia de Area Longa, en Redondela, co marisco todo morto polas riadas

Uns recollen sacos enteiros de berberechos mentres algunhas confrarías das Rías Baixas só teñen cota de 400 gramos que apenas poden atopar pois todo é cunchas, pélets e marisco morto polas riadas.

Mariscadores de Coruña , O Burgo
Os mariscadores desta ría seguirán recibindo compensacións ata que rematen as obras de dragado que poderán seguir ata mínimo mediados de 2026 polo que a Xunta está pagándolles por non poder faenar, xa recibiron 3,6 millones de euros e enténdese que terase que seguir gastando diñeiro público ata que se atope solución a esta grande obra de dragado. Parados están nesta zona e , por outros motivos varios, tamén rías non poden traballar por toxina ou por falta de marisco. A Xunta anuncia xa unha axuda de uns 4 millóns de euros as 7.000 mariscadoras máis afectadas polas riadas e toxinas, que vai supoñer unha media duns 550 euros por persoa, este anuncio coincide xusto coas manifestacións xa convocadas en Compostela, xa en breve.
Pan e circo, nunca falla.


Comparte éste artículo
1 Comment