1.- O Partido Galego celebrou unha reunión do seu Consello Nacional o pasado sábado 13 de xaneiro no Concello de Carballo, na que tomou entre outros o acordo de NON CONCORRENCIA ás Eleccións ao Parlamento de Galicia do 18 de febreiro de 2024.
Nesta reunión estivo presente o Sr. Xosé Mosquera, como se pode apreciar na foto parcial da reunión. En ningún momento, o señor Mosquera dou conta de conversas nin formalizou propostas de acordo de coalición con Espazo Común Galeguista (E.C.G).
2.- O día 14 de xaneiro, saíu publicado en varios medios de comunicación escritos e dixitais o acordo do CN do día anterior. Así mesmo o PG publicou na súa web un artigo específico sobre o acordo principal do CN de NON CONCORRENCIA a estas eleccións cun argumentario engadido. Esta publicación foi difundida a través das redes sociais propias do PG e a toda a afiliación e simpatizantes a través das listas de difusión internas.
3.- A representación legal para asinar calquera tipo de acordo en nome do Partido Galego, está en poder da Secretaría de Coordinación Xeral. Por este motivo, a utilización da sinatura legal para formalizar esta coalición, máis alá do incumprimento do acordo político, suporía a falsificación da representación por persoas non autorizadas e podería ser susceptible de delito.
4.- Se non se empregou a sinatura legal para formalizar a coalición anunciada na prensa e publicada no DOG do día 17 de xaneiro, en concreto a candidatura presentada por Ourense, na que aparece o señor Mosquera e outras tres persoas que non son afiliadas e por tanto sen acreditación ningunha do partido; estas persoas quedarán á expensas das consecuencias legais que procedan de non seren corrixidas as referencias ao Partido Galego desa publicación, no mesmo DOG, antes da publicación definitiva das candidaturas.
5.- Os que asinamos, queremos comunicar publicamente o estupor dos membros do CN presentes na reunión de Carballo e dos membros da Executiva Nacional (actual Comisión Xestora), por esta situación excepcional que nos obriga, non só a desautorizar ao señor Mosquera publicamente, senón tamén a tomar as medidas oportunas nos vindeiros días sobre a súa situación a nivel interno do partido.
Asdo. Os membros da Executiva Nacional (actual Comisión Xestora), en representación do Consello Nacional do Partido Galego.
Ni uno ni el otro son «Galegistas» y ya empiezan las «purgas» internas tipo «Moskovita de Stalin».No es fácil creer que
en la Galicia de hoy pinten algo estos Partidos aunque a un par de dirigentes podría servirles para vivir a cuenta de
los demás ,aparentando otra cosa.
Emplean el mismo vocabulario que siempre utilizan las «falsas izquierdas» pero las redes sociales saben muy bien quienes son y como se manejan.
Ni uno ni el otro son «Galegistas» y ya empiezan las «purgas» internas tipo «Moskovita de Stalin».No es fácil creer que
en la Galicia de hoy pinten algo estos Partidos aunque a un par de dirigentes podría servirles para vivir a cuenta de
los demás sin dar «palo al agua» ,aparentando otra cosa.
Emplean el mismo vocabulario que siempre utilizan las «falsas izquierdas» pero las redes sociales saben muy bien quienes son y como se manejan.