Lugo súmase este sábado aos máis de 85 municipios no estado español esixindo o fin de comercio de armas con Israel e polo fin do xenocidio en Palestina, seguindo o chamamento da RESCOP (Red Solidaria contra la Ocupación de Palestina).
España compra moitas máis armas a Israel das que vende. Só nos últimos meses o Estado español comprou a Israel lanzacohetes, mísiles e outro material militar por valor 865 millóns de euros. Por iso, e en resposta á chamada palestina de poñerlle freo, máis de 375 organizacións de todo o Estado español lanzaron unha petición para esixir ao goberno que lle poña fin ao comercio de armas con Israel.
Comprarlle armas ou tecnoloxía de seguridade a Israel é comprar produtos que están construídos sobre flagrantes vulneracións de dereitos, é comprar inxustiza, discriminación e represión e deberiamos rexeitar a súa compra simplemente por imperativo moral, porque atenta contra a raíz mesma do noso sistema democrático e de dereito.
Hora e lugar:
Sábado 20 de xaneiro
12:00h.
Praza Maior (diante do Concello).