Gustaríanos que tamén tomase nota dos outros rogos e mocións presentadas pero o que deixa clara esta primeira moción en seis meses de Alternativa é que o noso traballo propositivo e constructivo ten os seus froitos. Por certo que non foi sen tempo.
O Grupo Municipal socialista trasladou a través dun rogo a necesidade da construción dun novo centro de saúde en Mera, pedindo que o Concello de Oleiros inicie de forma inmediata os trámites para a cesión dos terreos necesarios á Xunta de Galicia para que esta poda iniciar de forma inmediata a construción dun novo centro de saúde en Mera e que se abandone a idea de meras ampliacións que non van dar resposta as necesidades de espazo que unha atención sanitaria pública de calidade require para o presente e sobre todo o futuro dunha poboación, a de Mera, en constante e importante crecemento.
Como resposta Alternativa agora por fin ve o problema e anuncia unha manifestación para pedir unha ampliación das instalacións, o que ao longo será máis custoso que crear un novo centro ben dimensionado, eficiente e moderno que dé resposta ao presente e ao futuro sanitario do norte de Oleiros.
Por outra banda xa que lle imos marcando o camiño ao Grupo de Goberno gustaríanos que tamén copie e atenda os outros rogos presentados, nos que pedimos:
– Adoptar medidas para potenciar e axudar ao comercio de proximidade.
– Que as praias onde se practica deporte todo ano se manteñan en uso as duchas públicas.
– Que se dea resposta ás peticións veciñais e de colectivos instalando unha nova marquesina en Iñás e ca colocación de bolardos para a mellora da seguridade na contorna do IES Miraflores, aínda non colocados, reclamación feita a este Concello hai máis de 3 anos pola ANPA.
Tampouco teremos inconviente en que copien as nosas mocións, nas que pedimos, entre outros:
A necesidade de construir vivenda de protección en Oleiros e que o concello deixe de especular con chan público encarecendo a construcción da mesma. A mellora da seguridade do arbolado urbano na nova licitación do contrato de Xardinería e que esta sexa inmediata, que está caducado e non atende como debe ás necesidades actuais. Tamén pedimos que a Administración municipal de Oleiros se converta nun exemplo a seguir por cumprir estritamente ca lei e cos regulamentos propios evitando posturas unilaterais e interpretacións interesadas que causan prexuízos aos veciños e veciñas do noso concello, ou esixindo melloras democráticas que fagan que as mocións presentadas por escrito polos grupos municipais no Concello de Oleiros antes das 48 horas da celebración do pleno, sexan sempre debatidas, antes de ser sometidas a votación eliminando o concepto de urxencia».
Gelo no es ningun dictador ni sigue consignas de nadie.Será su última legislatura y Oleiros perderá al mejor alcalde de toda su historia.
Fué siempre imbatible y es por algo.Si cree oportuno lo que cualquiera de los otros Partidos proponen ,lo implementa
pero creer que eso es gobernar a costa de lo que el PSG local propone ,no tiene sentido alguno ni tan siquiera que se
les ocurra pensarlo.,
No vivo en Oleiros pero sospecho que en Galicia hacen falta muchos Alcaldes con el estilo y las formas de «Gelo».