Xuventudes Socialistas de Vigo denuncian a nefasta xestión por parte de Lugove e a Xunta de Galicia na liña do Val Miñor

por Redacción Vigo

As Xuventudes Socialistas de Vigo denunciaron esta mañá a nefasta xestion que esta a facer Lugove na liña de bus que conecta Vigo co Val Miñor,deixando todos os días a varios usuarios tirados nas paradas de bus debido a que este non para, un dos maiores afectados por esta situación é a mocidade, xa que se ben obrigados a buscar outro medio de transporte para poder chegar aos seus respectivos fogares.

A vicevoceira do PSdeG, Leticia Gallego, vén denunciando constantemente esta situación no Parlamento de Galicia mentres que o Partido Popular, en especial a conselleira de Transporte, dedícase a responder que son «Problemas puntuais na liña».

Por último as Xuventudes Socialistas reclaman que esta situación pode acabar a partir do 18 de febreiro cun Partido Socialista ao fronte da Xunta de Galicia e un modelo de mobilidade como o de Jose Ramón Gomez Besteiro onde suprimirá estas deficiencias nos primeiros 100 días de mandato.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario