.Este acto de lembranza e reivindicación da figura e do accionar político de Alfonso Castelao querémolo contextualizar polas celebracións que, ao longo de 2024, faremos ao redor do 80 aniversario da edición do libro Sempre en Galiza (Bos Aires, 10 de marzo de 1944), obra central do pensamento castelaniano, e a constitución do Consello de Galiza (Bos Aires, 15 de novembro de 1944), primeiro goberno galego no exilio. Estes dous acontecementos, fundamentais na historia política y cultural de Galicia, foron unha tarefa de irmandade protagonizada pola forza material e emocional de emigración da Quinta Provincia e o exilio galego liderado por Castelao.
Anfitrións da homenaxe:
Julián Bustelo, Alcalde de Rianxo e os ex-alcaldes Bravo Frieiro, Pedro Piñeiro, Adolfo Muiños. Por parte do Partido Galeguista estarán Fco. López “Chesqui”, Luís González Tosar, Antonio Moure e Ana Vila, polo Partido Galeguista.
Saúda (online): Iñaki Anasagasti, xornalista e ex-deputado polo PNV
Intervención principal:
Xoán Antón Pérez Lema, avogado e redactor xurídico do Manifesto aprobado polo Parlamento Galego Castelao Presidente do Consello de Galiza e Precursor do Noso Autogoberno
Mantedores do acto: Antón Mascato e Xan Leira
Entidades adheridas:
Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Rosalía de Castro, Fundación Ramón Otero Pedrayo, Fundación Vicente Risco, Fundación Losada Diéguez, Fundación Penzol, Fundación Filgueira Val- verde, Fundación Plácido Castro, Fundación Eduardo Blanco Amor, Patronato da Cultura Galega de Montevideo, Federación de Asociacións Galegas da Rep. da Arxentina, Centro Galego de Bos Aires, Centro Galicia de Bos Aires, Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires, Fundación Xeito Novo de Cultura Galega, A.B.C. de Corcubión, Centro Betanzos de Bos Aires, Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires, Centro da Estrada, Colloquium USA-Galicia