Antonio Ameijide afirma que este anuncio de Tomé «é derivado da presión realizada polos veciños da provincia e polo PP», nunha concentración que contou con máis de 500 persoas, ademais «do temor do presidente da Deputación de que a inseguridade que hai nas estradas provinciais teña algún tipo de consecuencia xurídica para el».
· Dende o PP evitan «os triunfalismos» pero sinalan que «seguimos a marcar o ritmo ao goberno provincial» e mandan unha advertencia ao equipo de goberno: «seguiremos a realizar unha férrea fiscalización do estado das estradas provinciais e lideraremos e apoiaremos todas as reclamacións que realicen os lucenses para garantir a seguridade»
· O anuncio realizado hoxe por Tomé implica que só se actuará no 0,2% da rede de estradas provincial e dende o Grupo Provincial Popular e os veciños da provincia seguen defendendo unha actuación integral nos 4.300 quilómetros da rede viaria provincial