Trinta embaixadores respaldan a candidatura da Coruña como sede do Mundial 2030 (Vídeo)

por Redacción Deportes

O Concello presenta á comisión avaliadora dous vídeos que recollen o vínculo da cidade co estadio e o Deportivo e as grandes potencialidades da proposta coruñesa

O Concello da Coruña fixo chegar á comisión avaliadora das candidaturas para acoller as futuras sedes do Mundial 2030 dous vídeos que recollen o apoio de ata 30 «embaixadores» á candidatura de Riazor. Figuras tan coñecidas como Bebeto, Mauro Silva ou Irureta forman parte deses «embaixadores» da cidade.

Os videos recollen tamén o estreito vínculo da cidade co seu equipo e a historia de loita, sacrificio e éxitos do Deportivo

A Coruña é unha das cidades que optan a ser sede do Mundial, aportando infraestructuras e proxectos para convertir Riazor nun Estadio de Fútbol do máximo nivel, e un recinto multiusos capaz de albergar eventos de dimensión internacional.

Esta semana a comisión avaliadora mantivo unha nova reunión na cidade na que foi informada de primeira man polo Goberno local das potencialidades da Coruña para acoller partidos da competición máis importante do fútbol mundial.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario