EUROPE DIRECT A Coruña organiza a xornada “A representación das mulleres nas Institucións Europeas”

por Redacción A Coruña

A xornada, que terá lugar o este venres, servirá para intercambiar boas prácticas e reforzar o liderado inclusivo na sociedade europea

O centro EUROPE DIRECT A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente a Deputación da Coruña, organiza xunto coa Asociación de Mulleres do Sector Público a xornada “A representación das mulleres nas Institucións Europeas” o vindeiro venres, 1 de marzo. 

Este encontro ten como obxectivo visibilizar o liderado feminino nas Institucións Europeas, avaliar a igualdade nos postos de mando en todos os ámbitos da sociedade así como o intercambio de boas prácticas que aborden o equilibrio de xénero nos postos directos en administracións públicas locais e europeas. 

A xornada iniciarase coa intervención de Mónica Rodríguez, Deputada de Infraestructuras Viarias e Obras Provinciais, Ana Ramos, Secretaría da Xunta directiva da Asociación de Mulleres no Sector Público e Amparo Taboada, Secretaria Xeral da Deputación da Coruña. 

A continuación, trataranse as accións clave das Institucións Europeas e a presenza das mulleres expertas no espazo público europeo da man de Patrícia Silveira, Xefa da Unidade de Estratexia e Relacións Exteriores de Europol, Beatriz Yordi, Directora Xeral da Dirección Xeral de Acción polo Clima e Adela Rey, Xefa de equipo de negociación con terceiros Estados en materia de pesca da Dirección Xeral de Asuntos Maríticos e Pesca da Comisión Europea. 

Esta xornada está dirixida as socias da Asociación de Mulleres no Sector Público e aquelas mulleres interesadas en participar neste encontro. 

Para información complementaria, pódese contactar a través do correo ou ben, no número de teléfono 981 080 331. Hai tamén máis información dispoñible na páxina web.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario