A Previa, o programa que revoluciona á Xen Z galega

por Redacción Galicia

O espazo de entrevistas de moda entre a mocidade galega, dirixido por Belén Puime, xa está completo na plataforma AGalega

O primeiro programa dixital para a xeración Z do país conta con 5 episodios dipoñibles en AGalega. En A Previa, as creadoras audiovisuais Belén Puime (A Coruña, 1998) e Uxía Vázquez (Coristanco, 1996) conversan sobre unha temática de interese para o público novo cun convidado ou convidada especial en cada programa. Cun discurso lixeiro e cheo de comedia, que recorda ás previas universitarias antes de ir de festa, buscan pór no foco as realidades dos ‘millennials’ e ‘zentennials’ galegos.

Este formato estreouse falando sobre a estética xunto a Cés, modelo e DJ, como primeiro convidado. Conta con Paula Jorge no segundo episodio no cal se aborda a maquillaxe desde varias perspectivas, tanto máis creativa como a mais tóxica. No seguinte, Belén e Uxía convidan a Naira de Hexageradas, creadora de contido, para falar sobre literatura adolescente. O cuarto episodio é con Rodri Míguez para falar sobre música e festivais e finalmente a actriz Ana Oca participou para conversar sobre a representación feminina no audiovisual.

Así, A Previa é a primera aposta por un programa feito por e para a xeración Z e a mocidade que lanza a CRTVG a na súa nova OTT AGalega. Con esta primeira tempada en poucas semanas supera ás 200 mil reproducións en redes dos seus vídeos nas contas da CTRVG e o programa (@pringadas.vibes) ademáis xerando unha notable interacción co público, especialmente o máis novo e orfo de contido en galego do seu interese.

Á espera de confirmar unha segunda tempada, a súa produtora, Brava (@brava.gal),  xa está a traballar en tres novos formatos para a mesma plataforma con creadores galegos como Lucía Estévez, Miguel Canalejo, Cristela Torres ou Álvaro González tamén cunha linguaxe contemporánea e vocación de chegar ao público novo, repetindo o éxito de A previa, producidos por Cristela Torres e Bea Villar.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario