Accidente mortal en Baralla

O 112 informa a última hora de hoxe do falecemento do condutor dun guindastre logo de que un tráiler colidise co seu vehículo na A-6, en Baralla. Concello lugués da Comarca dos Ancares.

O sinistro foi no quilómetro 474, na parroquia de Sobrado de Picato en sentido a Madrid.
Prestaba asistencia a un coche avariado cando ocorreu o accidente.

Acoden as Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Sarria, Guardia Civil de Tráfico e servizos de mantemento da autovía.

Foto portada. TVG

Comparte éste artículo
No hay comentarios