O PP denuncia o abandono do Parque dos Paxariños de Fontiñas e pide que se faga un mínimo mantemento

por Redacción Lugo

Os populares explican que os Paxariños leva moitos anos presentando un estado de «provisionalidade» o que indica que hai unha falta de coidado por parte do goberno local: hai  varandas caídas, muros de pedra sen rematar e un parque infantil e mirador en moi mal estado.

O Parque dos Paxariños «é un exemplo do despropósito e da ineficacia do goberno local» afirmaba o edil popular.

Para o Grupo do PP resulta sangrante que o PSOE, co seu pasotismo, contribúa ao deterioro deste parque xa que foron os socialistas quenes presumiron de que esta zona sería un espazo de referencia do medio ambiente lucense.

Noutra orde de cousas se solicita que se mellore o mobiliario urbano así como o mantemento da medianera da Avenida de Fontiñas. Esta é unha petición da veciñanza desta zona que tamén utiliza como espazo de descanso e paseos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario