O PP alerta do mal estado da rede viaria que comunica as 54 parroquias de Lugo

por Redacción Lugo

Flor Rubinos anuncia que preguntará en comisión «quen está facendo o seguimento para que se repoña o deterioro que sufren as pistas polo paso da maquinaria pesada logo de recolller protestas da veciñanza pola aparente ausencia dunha persoa encargada deste control

A popular Flor Rubinos explica que hai tramos das pistas que desapareceron ocultas pola maleza, hai outras que están intransitables con fochancas de máis de vinte centímetros de profundidade por falta de mantemento; noutros casos como na pista de Fonte do Mouro de Esperante o mal estado da pista provocou mesmo unha avaría no autobús urbano.

Dende o PP tamén piden un maior control por parte do goberno local das pistas que se utilizaron para a saca de madeira para que queden no mesmo estado de limpeza e conservación que cando se iniciaron os traballos”.

A edil do PP lembra que “o goberno local ten a responsabilidade de facer cumprir a ordenanza que obriga ás empresas a repoñer o deterioro das pistas consecuencia do paso da maquinaria”.

Flor Rubinos insiste en que “é preciso que o goberno local cambie a forma de traballar, e que se planifiquen as reparacións dos firmes para que non se fagan só cando chama o pedáneo de turno”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario