Trece atletas galegas e galegos tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Trail Running nas modalidades de carreiras de montaña e subida vertical

por Redacción Deportes

As modalidades do Trail Running en Subida vertical e de Carreiras de montaña vivirá esta fin de semana na localidade abulense de Candelera a disputa do seu Campionato de España á que acuden un total de trece atletas galegos e galegas. Esta cifra multiplica por tres a presenza do número inscritos en relación ao ano pasado, o que pon de manifesto a importante evolución e medre que está experimentando esta modalidade no noso deporte.

Os galegos, a seguir medrando

Entre a relación de atletas achegados, estarán tomando parte os campións autonómicos de Trail da pasada edición de febreiro do Concello de Muros, Eloy Martínez na categoría Sub20 así como os atletas máster Emilio Montilla do C.D Biosbardo na M50 e José Manuel González do S.D. Barbantia na M55 os cales doblararán o seu campionato disputando ambas modalidades.

Por parte feminina tamén contaremos ca presenza na modalidade carreiras de montaña da campioa galega Sub20 Enma Méndez da Atlética Lucense así como de Beatríz Barroso do Atletismo Noia quen tamén se proclamaba campioa galega na categoría F45.

Entre os «debutantes»,  presenza destacada  do campión de España de campo a través Sub18 deste ano en Getafe Asheber Díaz do Real Club Celta, quen probará sensacións nunha modalidade con moito atractivo para os especialistas de cros

Consideracións técnicas do campionato

Subida vertical

El Parque de la Barranca  será o punto de saída da competición de subida vertical,  que  tamén será meta da xornada do domingo en Carreiras de Montaña. O Campionato terá súa meta ubicada en Peña Caballera (1.490 metros) para salvar un desnivel positivo de 1.040 metros  e completar 7,5 km de distancia. Co mesmo punto de saída, pero con meta ubicada en El Nogal (km 4,7 e 1.100 metros de altitude) discurrirá a competición para os rapaces e rapazas Sub18, Sub20 e os máster a partir de 70 años cumplidos. Neste caso o desnivel acumulado será de 670 metros.

Carreiras de montaña

No que atinxa as carreiras de montaña, a competición Sub23, absoluta e máster terá un percorrido de 16 km cun desnivel acumulado de +840 metros de subida e outros tantos de baixada. O perfil discurre en contínua subida, con algunha baixada ou chairo intercalado, ata pouco despois do kilómetro 10, cando se superarán os 1.100 metros de altitude e a partir de entón, cun pronunciado descenso ata acadar a línea de meta.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario