Na Asociación Costavales, que preside Manuel Amigo, estaban intrigados polas dúas “veneras”, vieiras xacobeas, que decoran o escudo de Santa Comba, e desa intriga naceu a Ruta Xacobea Vía Céltica, que é marca rexistrada, e dos recordos de pelegríns pasando polos vellos carreiros que conectan os peiraos da Costa da Morte, dende Caión a Fisterra, veñen a resucitar esta ruta a Santiago de Compostela “per loca maritima” que recolle o mapa de Domingo Fontán, no ano 1834, despois de 17 anos de traballo de cálculos arcaicos.
Das novas rutas dende Caión, Malpica, Barizo e Camariñas, Fisterra, e outras, xúntanse confluindo en “Paramos”, punto onde se atopa unha das moitas igrexas románicas con decoración de “axedrezado jaqués”, característico dos camiños xacobeos. O novo Camiño conta con sinalética de barro da Olería de Buño, como emblema, sinal do Camiño e marca de luxo.
Iniciados os trámites burocráticos para facer oficial e de interese xeral esta peregrinación entre A Costa da Morte e Santiago, toda vez que o Cabildo Compostelán xa lle concediu a Compostela. E pasando polo antigo hospital de peregrinos de Carboeiro, que ainda conserva o emblema en alto relieve, recordando o camiñante que a historia de Galicia pasa precisamente por este antigo sendeiro que se vai poñer pronto de moda.