A Deputación destina 303.000€ a financiar os servizos de socorrismo das piscinas e praias fluviais de 44 concellos do interior coruñés

por Redacción A Coruña

A través desta liña de axudas, 44 concellos coruñeses custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva das subvencións para os servizos de socorrismo en concellos do interior da provincia, que suporán un investimento de 303.988,75 euros para un total de 44 concellos coruñeses.

A través desta liña de axudas, a Deputación financiará os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais, como o Aquapark de Cerceda ou o lago das Pontes. As achegas da Deputación van desde os 3.800 aos 9.900 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello. As contratacións estenderanse por un máximo de tres meses.

Este programa, que se convoca cada ano, contribúe a xerar emprego durante a época estival e a manter a seguridade das persoas usuarias das piscinas públicas e praias fluviais da provincia da Coruña.  Xunto co programa de limpeza de praias, contribúe á contratación de máis de 300 persoas durante a época estival na provincia.

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS SOCORRISTAS DE CONCELLOS DE INTERIOR

SolicitudesImporte subvención
Beneficiario: CONCELLO DA BAÑA6.493,22 €
Beneficiario: CONCELLO DA CAPELA5.639,33 €
Beneficiario: CONCELLO DAS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ9.481,31 €
Beneficiario: CONCELLO DAS SOMOZAS6.404,27 €
Beneficiario: CONCELLO DE ABEGONDO7.026,90 €
Beneficiario: CONCELLO DE AMES9.594,18 €
Beneficiario: CONCELLO DE BOIMORTO5.438,30 €
Beneficiario: CONCELLO DE BOQUEIXÓN6.493,22 €
Beneficiario: CONCELLO DE BRION6.582,17 €
Beneficiario: CONCELLO DE CAMBRE6.671,11 €
Beneficiario: CONCELLO DE CARRAL6.582,17 €
Beneficiario: CONCELLO DE CERCEDA6.582,17 €
Beneficiario: CONCELLO DE CERDIDO6.404,27 €
Beneficiario: CONCELLO DE COIROS6.404,27 €
Beneficiario: CONCELLO DE CORISTANCO7.026,90 €
Beneficiario: CONCELLO DE CURTIS9.368,44 €
Beneficiario: CONCELLO DE FRADES6.849,01 €
Beneficiario: CONCELLO DE LOUSAME6.493,22 €
Beneficiario: CONCELLO DE MAZARICOS6.493,22 €
Beneficiario: CONCELLO DE MELIDE7.026,90 €
Beneficiario: CONCELLO DE MESIA8.609,46 €
Beneficiario: CONCELLO DE MOECHE6.404,27 €
Beneficiario: CONCELLO DE MONFERO5.812,73 €
Beneficiario: CONCELLO DE NEGREIRA7.026,90 €
Beneficiario: CONCELLO DE OROSO6.582,17 €
Beneficiario: CONCELLO DE PADRÓN6.582,17 €
Beneficiario: CONCELLO DE ROIS6.493,22 €
Beneficiario: CONCELLO DE SAN SADURNIÑO6.404,27 €
Beneficiario: CONCELLO DE SANTA COMBA6.582,17 €
Beneficiario: CONCELLO DE SANTISO6.404,27 €
Beneficiario: CONCELLO DE SOBRADO DOS MONXES6.404,27 €
Beneficiario: CONCELLO DE TEO9.594,18 €
Beneficiario: CONCELLO DE TOQUES6.404,27 €
Beneficiario: CONCELLO DE TORDOIA6.493,22 €
Beneficiario: CONCELLO DE TOURO6.493,22 €
Beneficiario: CONCELLO DE TRAZO6.493,22 €
Beneficiario: CONCELLO DE VAL DO DUBRA6.493,22 €
Beneficiario: CONCELLO DE VEDRA6.582,17 €
Beneficiario: CONCELLO DE VILARMAIOR3.881,94 €
Beneficiario: CONCELLO DE VILASANTAR6.404,27 €
Beneficiario: CONCELLO DE VIMIANZO6.582,17 €
Beneficiario: CONCELLO DE ZAS9.368,44 €
Beneficiario: CONCELLO DO PINO6.937,95 €
Beneficiario: CONCELLO OZA CESURAS9.900,00 €

TOTAL: 303.988,75 €

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario