Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de 130 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Rois, parroquia de Leroño, está controlado dende as 20,11 h desta tarde e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 130 hectáreas.
O lume iniciouse ás 17,54 h da tarde de onte e polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 39 axentes, 49 brigadas, 40 motobombas, 3 pas, 4 avións e 6 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.