O BNG de Culleredo solicita convocar de xeito inmediato a Comisión Especial do Aeroporto

por Redacción A Coruña

Urxen a transparencia e concretar a información á veciñanza

A nova «pegada sonora» do Aeroporto de Albedro está aprobada, sen resposta para as alegacións presentadas e sen que o Concello de Culleredo aclare en que vai afectar aos propietarios de inmobles e ao urbanismo do municipio, tanto presente, como futuro. Lembremos que o propio alcalde dixo en Pleno que os inmobles existentes quedarían «fóra de ordenación».

De todo isto temos noticia pola prensa. Así que é por iso que o BNG de Culleredo solicita a convocatoria inmediata da Comisión Especial do Aeroporto no Concello de Culleredo. Pola súa banda, o goberno municipal anunciou xuntanzas con colectivos afectados, pero sen concretar a data das reunións nin os colectivos de afectados aos que se refire.

O documento de servidumes aeronáuticas acústicas, o mapa de ruido e o plan de acción foi publicado no BOE o pasado día 20 de abril. Os tres concellos afectados presentaron alegacións en 2020. Ningunha delas foi respostada polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, pero o proxecto non muda desde a exposición pública e a afección vese aumentada con respecto á actual. 

Segundo sabíamos desde o período de exposición pública, os núcleos de poboación máis afectados serían O Burgo, Acea de Ama, Almeiras, Liñares, A Hermida ou Tarrío (Culleredo), Montrove ou Liáns (Oleiros) ou o Graxal (Cambre). En definitiva, un tercio da poboación e do territorio de Culleredo se verían directamente afectados. Así, tendo en conta que a maioría do solo afectado é de uso residencial, veríanse afectadas perto de 5.000 mil vivendas, das que case 3.000 nin sequera están dentro do plan de insonorización actual, e case 10.000 persoas serían prexudicadas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario