- Elena Candia explicou que “probablemente a forma que entrou a alcaldesa no goberno, sen presentarse e sen gañar nada, e froito da xenerosidade de 5 renuncias xustifica a súa forma de traballar: de costas á cidadanía, alonxada do persoal do concello e podendo deducirse dos seus feitos o seu descoñecemento da cidade.
- “Onte dicía que chegou hai 3 meses pero todos sabemos que leva 59 meses, e que estivo en primeira liña como responsable de dúas das áreas máis importantes do Concello: persoal e urbanismo das que agora quere desentenderse”
- A popular tamen ironizou con que “Alvarellos presume de pronto pago e onte pagan unha factura que recoñecía adeudar do ano 2022, unha cantidade importante, entre outras”
- Elena Candia enumeraba outros asuntos que seguen paralizados:
- Urbanismo (atasco de licenzas, sen atención presencial, a primeria decisión que toma é contratar ao Dto. Xeral de urbanismo 74.000 €)
- Retroceso da área social (grandes listas de espera con exemplos de ata 2 meses e medio no Centro do Sagrado Corazón e unha media nos restantes entre un mes e mes e medio)
- Ten un rural esquecido: nin fai, nin deixa facer (12 obras paralizadas)
- Temos unha alcaldesa sen ideas que pretende paliar a falta de proxectos con eufemismos “onte apuntaban que nos edificios sen uso se implante o modelo de autoxestión”.
- Sorprende que a alcaldesa destaque dos 100 días como traballo institucional un encontro accidental na toma de posesión de Alfonso Rueda co Ministro de Fomento. O que botamos en falta é un encontro co Pte da Deputación para tratar asuntos nos que ambas institucións teñen competencias: Protectora, infraestruturas viarias ou a apertura do aparcadoiro do Centrad.
- Paula Alvarellos bateu o récord de privatizacións en tres meses licitou servizos esenciais como o SAF (33.9M€); Xantar no Fogar (500.000 €) ou a reparación da fugas de auga as noites e en festivos (100.000
- Outra das características que aflorou neste periodo é a súa falta de talante: todos os sindicatos, de forma unánime, alzaron a voz en contra da súa xestión (denunciaron conxuntamente o ninguneo da alcaldía e anunciaron movilizacións senon lles pagan máis dun millón de euros que se lles adeuda aos empregados). Candia insistiu en que ao PSOE caeulle a “O” de obreiro.
- Nestes tres meses tamén se recolle o froito da súa xestión como o novo varapau xudicial pola cobertura do posto da xefa de arquitectura Esta faltade talante tamén a aplica coa oposición obrigándonos a ir á Valedora do Pobo por impedir entrar no auditorio. Ata en 3 ocasión tivemos que solicitar o acceso.
- Paula Alvarellos, non só a nivel interno, ten unha actitude pouco dialogante senón que tamén está na folla de ruta da nova alcaldesa a confrontación coa administración autonómica buscando a crispación e o ataque gratuíto ao PP.
- É unha alcaldesa que improvisa: eliminación da seguridade no vello cárcere (pedimos que rectifiquen) ou o bando das terrazas sen aprobar previamente a ordenanza prometida hai anos. Tamén fai gala dunha falta de planificación: o auditorio que está listo para abrir pero sen data para que os lucenses o poidamos disfrutar.
- E por último amosa a súa incoherencia: o seu é un “ecoloxismo de titular”. Perdeu unha ocasión de demostrar o seu compromiso co medio ambiente unha vez desmontadas as mentiras a conta da protectora.