Besteiro anima a non dar «nin un paso atrás» ante a cara máis sucia da política

por Redacción Galicia

.“Traio ao Comité Federal a voz do socialismo galego, unha voz cargada de comprensión e apoio ao presidente do Goberno”. O secretario xeral electo do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou á súa chegada á sede do PSOE, que hoxe acolle a reunión do máximo órgano do partido entre congresos, unha mensaxe de respaldo a Pedro Sánchez ante a campaña organizada contra el polas dereitas.

Besteiro falou dende “a experiencia que xa vivimos os galegos, e eu tamén en carne propia”, a das consecuencias da “política sucia do Partido Popular”. Lembrou que en 2009 Núñez Feijoo “chegou ao Goberno de Galicia despois da campaña máis sucia, sen precedentes, da democracia do noso país”.

“Iso é o que está achegando tamén aquí, en España, a deslexitimación, a acusación, a xudicialización, a parte máis escura da política”, advertiu o tamén portavoz do grupo socialista no Parlamento galego. “Non esperen nada mellor, non esperen nada salvo o ‘canto peor, mellor’, e fronte a iso non cabe nin un paso atrás nin un paso ao lado. Fai falta un paso firme adiante”, concluíu.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario