Tamén houbo medallas galegas na competición júnior da President´s Cup de Tallin! Ekaterina Rebón (-59, Número Phi) logrou a medalla de prata e a clasificación para o Europeo sub 21, e ademais Noa Romero (-53, Natural Sport) e Víctor Videla (-45, Natural Sport) foron bronce.
Ekaterina Rebón venceu en primeira rolda a Nathalie Ly (Suecia) en dous asaltos e por diferenza de 12 puntos. A continuación eliminou a Natalia Kozlova (Ucraína) e nas semifinais superou a grega Kyriaki Michalopoulou nunha competida e axustada loita, que se decidiu en tres rounds (2/1). Na final perdeu ante a croata Ivona Jelic (2/0), pero o obxectivo xa estaba conseguido, xa que Ekaterina logrou a clasificación directa para o Europeo Sub 21 que se celebrará en novembro en Sarajevo.
Víctor Videla (-45, Natural) acadou o bronce tras vencer en primeira rolda a Nikat Qazikhanov (Azerbaián) e nos cuartos a Naty Cerezeba (Francia), en ambas eliminatorias en dous asaltos. Na semifinal non puido co xeorxiano Mamedovi Abalpov (2/0).
O segundo bronce galego foi para Noa Romero (-53, Natural) que tivo que superar tres eliminatorias para asegurar a medalla. Venceu en primeira rolda a Krim Sayine (Grecia); posteriormente gañou a Ariadn Ntoutou (Bélxica) e nos cuartos de final, a Rabaut Elien (Bélgica). A aventura de Noa rematou nas semifinais onde caeu ante a tamén belga Mansour Leyla (2/0).
Tamén viaxaron a Tallin, xunto ao técnico Cristóbal Boudjenane, os taekwondistas Adrián Davila (-45, Kae Sport), Alba Rey (-68, Boudsport), Carla Sesar (-55, Natural Sport), Manuel del Río (-55, Maniotas).
Manuel del Río quedou ás beiras das medallas, despois de superar dúas roldas e caer no pase as medallas ante o valenciano Ángel Mario nun combate axustado (1/2). Pola súa banda, Carla Sesar tamén foi eliminada nos cuartos de final ante a ucraína Katerina Stupak, despois de vencer nos oitavos á valenciana Martina Di Carlo (2/0). En primeira rolda perderon Adrián Davila e Alba Rey.