A Xunta colabora co campionato de España de Taekwondo, que se celebrará por primeira vez en Monforte de Lemos o próximo sábado, 4 de maio. O xefe do servizo de Deporte, Manuel Otero, reuniuse con José María Vega, director deportivo do club Neka, para abordar os detalles do evento.
Está previsto que participen 373 deportistas pertencentes a seleccións autonómicas de todo o país. Da selección galega concorren 61 participantes, 11 deles do club monfortino. As competicións desenvolveranse no pavillón do IES A Pinguela. O torneo dispútase nas modalidades de técnica e estilo libre.
Tanto desde a Xunta como desde a organización puxeron en valor o feito de que Monforte acolla un campionato deste nivel, clasificatorio para formar parte da selección española no mundial de Honk Kong, que se disputará no mes de decembro.