O BNG volve concentrarse logo do veto do PP para cubrir as prazas de persoal facultativo no centro de saúde da Fonsagrada

«Temos que ter en conta que nun mes xubilase outro dos médicos co cal quedamos con 2 médicos para cubrir A Fonsagrada e Negueira de Muñiz» explica Fernández

O BNG segue coas concentracións para reclamar unha sanidade pública digna para A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. A responsábel local, María Fernández, recrimina o veto do PP a unha iniciativa presentada no Parlamento galego polo BNG, onde se pedía que a Xunta cubra as prazas de persoal facultativo das que dispón o centro de saúde da Fonsagrada, que presta atención sanitaria tanto a este concello como ao de Negueira de Muñiz.

Temos que ter en conta que nun mes xubilase outro dos médicos que pasan consulta na Fonsagrada e non se pode garantir unha sanidade digna con 2 facultativos para atender a case 4,000 habitantes nun territorio que ocupa 500KM2, cando este era un centro que contaba con 5 médicos.

«Só estamos reclamando o que o que había, nin máis nin menos», recordou Fernández e tamén reclamamos as «medidas estruturais necesarias no centro de saúde para que se poidan prestar nel os servizos de radioloxía e fisioterapia, evitando deste xeito o desprazamento da veciñanza a outros municipios. «

«O dereito á sanidade pública é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña»concluíu María Fernández.

Comparte éste artículo
No hay comentarios