Poidemos ollear nos noticieiros do tempo e nas novas da AEMET, que esta semana indicaban tormenta solar de intensidade G4 , pero que aumentou ata G5, a máis potente rexistrada este século en España dende a guerra civil española. Afectou a latitudes inusuales. A Galicia e a cornixa cantábrica, Francia e norte de Europa afectounos pouco, en verde, según os mapas técnicos, a nubosidade non permite poder chegar a captar esas posibles auroras.
Foron xa cazadas en imaxes co ceo de cor morada pola carga de partículas na troposfera terrestre como indica a AEMET. Afectou na zona vermella as illas británicas, Islandia, Canadá, Rusia, Suecia, Noruega, Finlandia, entre outros países, tamén parte dos EEUU, sobre todo notarán posibles fallos ou interferencias nas xenares de radio, internet, satélites, etc. En principio, parece que non debera ter maior afectación. O sol petou con forza unha chamarada directa contra a Terra, tormenta canibal, afectando con maior intensidade ós polos norte e sur, e pola potencia colle rexións onde é máis dificil poder ollar este fenómeno natural. O que si debemos ter en conta é a exposición solar pola radiación, que si pode ser perigoso expoñerse demasiado tempo de forma directa.
Víctor Armada, de Cariño, cámara na man, estivo no cabo Ortegal agardando o intre exacto para capturar estas fotos que falan por si soas