Plataforma para a Defensa da Sanidade de O Carballiño: Como xa tod@s sabemos no Centro de Saúde do Carballiño dende hai un tempo estánse a perder paulatinamente servizos, o que nos conleva a que teñamos que buscar por nos mesmos a solución a estas deficiencias, acudindo ás urxencias do PAC, hospitalarias e incluso a profesionais privados.
Os problemas máis salientables nestes intres son os seguintes:
Cupos “orfos”, é dicir, pacientes que non teñen médico asignado e son atendidos por calquer outro facultativo do centro.
Moitos dos médicos actuáis atópanse por contratos temporáis, por éste motivo hai demasiada rotación e produce unha inestabilidade asistencial para os pacientes.
Ó limitarse a tan só dous días a semán as analíticas atopámonos cunhas listas de agarda ó redor dun mes, polo que sería necesario ampliar dito servizo o resto de días.
Fáltanos o segundo pediatra e non hai noticias do segundo concurso de méritos.
A máquina de raios está obsoleta, as radiografías son de mala calidade e estropéase con frecuencia.
Lista de espera para o médico de familia nalgúns cupos supera ós 10 días.
Os pacientes que tiñan o médico de tarde non se lle está prestando ese servizo, pero sen embargo si que teñen que acudir a/o enfermeira/o de tarde.
No verán hai máis poboación no Carballiño, e as vacacións non se cubren, o que provoca que a lista de espera se alongue aínda máis.
Os tempos de espera para ser atendidos por os especialistas como pode ser o psicólogo, psiquiatra, matrona ou o xinecólogo son demasiados longos.
A necesidade de solicitar un equipo composto de médico/a e de enfermeiro/a de urxencias polas mañás para así evitar a saturación do resto de profesionáis.
Seguramente non están todos os motivos, pero por estas situacións de precariedade, solicitamos unha reunión co conselleiro de sanidade para trasladarlle as nosas inquedanzas, pero polo momento soamente obtivemos o silencio como resposta, oxalá pronto podamos obter ese encontro para abordar a problemática actual.
O que si temos claro, é que todos estas razóns son máis que suficientes para que ó vindeiro 26 de Maio saiamos todos a rúa. O punto de encontro é a Praza da Veracruz ás 12:30h, e é moi importante que todos acudades para solicitar entre tod@s as melloras necesarias.
O noso Centro de Saúde é coma un puzzle no que todas as pezas son necesarias para que teñamos unha atención sanitaria digna.
¿Cántas pezas do puzzle temos que perder para empezar a loitar? AGORA É O MOMENTO
¡¡¡A VOSA ASISTENCIA É IMPORTANTE, AGARDÁMOSVOS!!!