O PP lucense pide dende Chantada o apoio para «defender en Europa o territorio da Ribeira Sacra dende o sentido común»

por Redacción Lugo

Elena Candia presidiu unha reunión comarcal na que participou o candidato ás europeas Francisco Millán Mon, xunto a alcaldes, portavoces e concelleiros.

  • A dirixente convidou a «acudir o 9 de xuño ás urnas e enchelas de votos ao Partido Popular, como pasou fai un ano aquí en Chantada e no resto das citas electorais do último ano»
  • Os populares subliñaron que «as decisións que se toman en Europa afectan á provincia» en asuntos como a agricultura ou o comercio exterior, eidos económicos importantes na comarca de Chantada e na zona sur
  • Millán Mon reincidiu en que «o PP traballa dende Europa para crear emprego, crecemento, oportunidades para os mozos e mozas e o benestar para as familias» e convidou a apoiar a candidatura popular para «unha resposta clara ante as políticas populistas de Pedro Sánchez»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario