Os senadores lucenses presentaron iniciativas na Cámara Alta onde se interesan pola disposición do Goberno para promover medidas para salvagardar a actividade e os empregos da única fábrica de produción de aluminio primario en España
- Múltiples acordos das Cortes Xerais, Parlamento galego e Plenos municipais piden que se active, se é necesario, a intervención pública instrumental e temporal para buscar un comprador solvente
- Preguntan tamén porque non se promoven todos os instrumentos públicos de apoio para a industria electrointensiva: un novo estatuto, esgotar as compensacións por CO2, a interrompibilidade e os PPAs