«O concello o único que precisa para poder arranxar o firme é a autorización do propietario» aclarando que «logo de varios encontros con diferentes administracións, se confirma que a finca é propiedade de Defensa, así llo trasladamos ao concello»
O PP afea a Alvarellos e a Arroxo por intentar confundir á cidadanía con falsidades sobre a titulariedade do solar que está nas inmediacións do Campo de futbol de As Gándaras recriminándolles que durante anos responsabilizaran á Xunta da situación do firme cando a finca era do Goberno de Sánchez.
• «Ou ben sabían perfectamente de quen era titulariedade estes terreos e minten de forma consciente, ou ben descoñecen o propietario co que é unha temeridade acusar sen ter a certeza de que faltan á verdade»
• Para Elena Candia calquera das dúas opcións reflicte «a política de medias verdades e de confrontación permanente coa Xunta» matizando que «temos a un PSOE e un BNG que deciden convertirse na oposición ao goberno autonómico, e que adican máis esforzos a xerar novas en contra del que en xestionar cuestións da súa competencia»
• Candia explica que «os avances para desbloquear esta obra de acondicionamento son froito do consenso» manifestando que «nós cumprimos a palabra dada, traballando e contrastando información de diferentes institucións que logo trasladamos ao goberno local «coa máxima transparencia e absoluta lealdade para impulsar a mellora desta zona de aparcamento»