O PP fai un chamamento aos lucenses a participar nunha nova edición do Arde Lucus 2024

por Redacción Lugo


O concelleiro popular Agustín Gallego destacou que «o éxito deste evento radica na participación da veciñanza e na implicación do tecido asociativo que durante todo o ano traballan para recrear con fidelidade as nosas orixes».

O popular aproveitou esta invitación á participación no Arde Lucus para solicitar «un maior apoio económico por parte do Concello de Lugo con esta festa de reacreación histórica, cultural e lúdica».

Gallego facía esta reflexión logo de comprobar que «para este evento o orzamento foi menor que o que se destinou, nalgunha anualidade, para o Caudal Fest». Ao popular chámalle a atención esta circunstancia que «tendo en conta que estamos falando dunha festa declarada de interese turístico internacional que xa está moi consolidada e que conta cunha sólida traxectoria».  

«É moi importante coidar e mellorar este evento. O Arde Lucus é identitario de Lugo, unha festa imposible de trasladar a outra cidade» explicando que «debe formar parte dos elementos dunha marca turística propia do Concello que reflicta as singulariedades, atractivos ou elementos que son únicos» como por exemplo os tres bens Patrimonio da Humanidade, ou a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario