O Centro de Atención de Maiores de Pedrafita celebra o 3º aniversario da apertura do centro

por Redacción Lugo

O Deputado aproveitou a visita para xantar cos residentes e participar nalgunha das actividades especiais programadas con motivo do aniversario do centro, que leva o nome de Manuel Villasol, usuario no centro que foi durante 30 anos tenente de Alcalde no municipio.

A Deputación de Lugo ten en funcionamento a día de hoxe un total de 9 Centros de Atención a Maiores, – Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro, Meira, Ribas de Sil e Navia de Suarna-, que ofrecen en total máis de 300 prazas asistenciais e manteñen uns 230 postos de traballo directos, o 95% deles ocupados por mulleres. Así mesmo, a institución provincial segue avanzando a bo ritmo na construción dos centros de Pontenova, Guitiriz, Becerreá, Pobra de Brollón, e ten en proxecto os de Portomarín, Ourol, Cervantes, Folgoso do Courel e Pantón

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario