Incendiado un colector na parroquia de Bértoa, no concello de Carballo

por Redacción A Coruña

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo foron alertados pasadas as 05:40 horas desta madrugada dun incendio que afectou a un colector do lixo situado na estrada DP 1909, na parroquia carballesa de Bértoa.

O operativo consistiu na extinción do lume, o cal calcinou por completo o colector. Tamén se procedeu á limpeza dos restos da vía e a beirarrúa.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario