Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde” di NON á planta de Biometano de Coeses

por Redacción Galicia

Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde”, manifesta a súa oposición á instalación da planta de Boiometano en Coeses que estragaría o valioso património natural e paisaxístico e a calidade de vida que ainda podemos desfrutar nas parroquias da zona: Coeses, Soñar, Piugos,Santa Comba, Conturiz,San Mamede , Cuiña,.. donde se trocaría o pequeno paraíso que hoxe temos por un território insalubre con cheiros fedorentos, e aire e augas contamindas

«Animamos por elo a tódolos veciños de Lugo, localidades próximas, e a toda a cidadanía a informarse e presentar alegacións nos prazo establecido, que rematará o 10 de xullo. Tamén apoiamos a manifestación convocada polos veciños das parroquias mais afectadas que terá lugar en Lugo hoxe xoves, 20 de Xuño, e que sairá as 20: 30 horas dende o edifício da Xunta».

Na mesma liña que as burbullas das macrorenovables solares e eólicas, e paralelamente aos proxectos verdes de Hidróxeno e minería a ceo aberto, as macroplantas de biometano chegan ás nosas terras cos mellores traxes de greenwashing. Chegan dopados polo maná das subvencións europeas para converter a nosa provincia nun estercoleiro, unha neocolonia da UE baleirada da súa poboación. O proxecto de Coeses é só o comezo dunha onda á que deben reaccionar os cidadáns responsables. Hai que parar ese dano irreversible por nós, e polos nosos fillos e fillas e polas nosas netas e netos.Toca renaturalizar, descontaminar,restaurar e respectar a Natureza e o Patrimonio Natural, mellorar e non estragar a vida no rural e na cidade. O nível de contaminación da auga na zona no só non se debe empeorar senón que urxe melloralo, pois xa se atopa en niveis que, de aumentarse, deixarían os pozos sen servicio.

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático someteu o pasado 12 de abril a información pública o estudo de impacto ambiental desta planta de xestión e biometanización de residuos orgánicos da empresa Bioenergía Lugo. Dende Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde”, consideramos que un proxecto deste tipo supón un ataque ambiental e un insulto aos veciños da zona e seguiremos analizando detidamente e con expertos, a situacióm e documentación. Na pasada semá enviamos escritos á CHMS e ao Concello de Lugo opoñéndonos e solicitando o acceso a toda a información sobre este asunto.

A planta iría a menos de 1,5 km do río Miño, e polo tanto, na Reserva da Biosfera Terras do Miño, considerada Espazo Natural Protexido (E.N.P.) baixo a categoría de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) . Non se entende como o proxecto puído ser declarado iniciativa empresarial prioritaria pola Xunta, que permite simplificar os trámites ante as distintas administracións implicadas. Ecoloxistas Galiza AV denuncia que este proxecto prexudicará irremediablemente na zona de implantación , nas zonas limítrofes e mais.

A propia empresa recoñece no seu EIA aportado, que emitirá gases contaminantes e contaminará; que realizará o vertido de milleiros de litros de augas residuais ao rego de Vilalbite con posterior desaugadoiro ao río Miño,considerado REDE NATURA 2000 e do que toda a cidade bebe.. recoñecendo tamén o impacto dos cheiros.

As vivendas da zona, e da cidade de Lugo, tamén se verán afectadas polos malos cheiros e pola contaminación derivada dos gases expulsados polas chemineas previstas. No proxecto básico presentado pola empresa, publicado pola Xunta aparece unha cheminea que terá 10 metros de altura.

O verquido de augas residuais da planta, en caso de accidente, podería contaminar irremediablemente os acuíferos e pozos da zona. Tal e como se publica no EIA, liberarán auga durante as 24 horas e os 365 días do ano.

Para rematar a catástrofe ambiental, o proxecto prevé instalar unha bengala para queimar os restos sobrantes non recuperables.

Asi mesmo comunicamos que vimos de remitir un informe sobre este asunto para que se adxunte ao expediente, e se teña en conta dirixindoo a: o Concello de Lugo, a CHMS e a Consellería de Medio Ambiente ,no que se sinalan e documentan diversas afeccións:

1- Afección Severa do proxecto industrial aos núcleos de poboación e ás vivendas das famílias.

2- Afección severa e irreversible aos chans e aos recursos hídricos (en base ao principio de conectividade ecolóxica dos ecosistemas fluviais, o Miño está catalogado como REDE NATURA 2000) donde a planta afectaría á zona de captación das ZONAS SENSIBLES así como a augas minero_termais.

3- Descontextualización do património arqueolóxico e cultural , con 16 bens catalogados.

Tendo en conta que, as vivendas máis próximas sitúanse a poucos metros, das parcelas que se destinan á instalación da planta, que hai parroquias poboadas nos arredores e que a cidade de Lugo está situada a menos de 5 km ao norte, algo tan descabelado tería uns efectos na saúde das persoas, na calidade de vida, na paisaxe, na calidade de auga e do aire que, etendemos, ningunha institución responsable, debería avalar.

Por todos estes motivos, Ecoloxistas Galicia “Atlántica e Verde”, anima a toda a cidadanía, e en especial á veciñanza de Lugo e localidades próximas, a estar adecuadamente informada de todos os danos que este proxecto supón e a presentar oportunamente as alegacións pertinentes, así como participar na manifestación de hoxe e en todas as accións que dende a veciñanza afectada se vaian convocando.

Na web de Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde”, pode atoparse un modelo de alegación editable , para todos aqueles que vexan que esto #DebePararse, e se solidaricen con #PlantaBiometanoNON.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario