José Manuel Balseiro (PP) vicepresidente da Comisión de investigación polo caso Koldo no Senado

por Redacción Galicia

O Partido Popular sitúa ao senador lucense José Manuel Balseiro como vicepresidente primeiro da Comisión de investigación constituída na Cámara Alta co obxecto examinar os contratos públicos realizados durante a pandemia de covid-19.

Nas sesións desta Comisión de investigación foron citados numerosos cargos públicos e persoas relacionados coa intermediación de Koldo García Izaguirre -asesor do daquela Ministro de Transportes, José Luís Ábalos- así como analiza os posibles casos de corrupción que, directa ou indirectamente, teñan relación coas actividades e coas persoas que forman parte da trama da Operación Delorme.

Desde a súa recente incorporación ao Senado, o pasado mes de abril, onde substituíu á actual conselleira de Medio Rural, María José Gómez, Balseiro tamén foi designado para formar parte das Comisións de Facenda, de Pesca, de Traballo e Economía Social e de Transportes e Mobilidade Sostible, onde xa tivo oportunidade de rexistrar e defender iniciativas en apoio dos intereses da provincia de Lugo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario